Chega a Android un xogo galego ao máis puro estilo do Mario Kart
luns, 14 de xullo do 2014
A editora compostelá
Iberian Games está a estrearse en Google Play co seu primeiro videoxogo
editado baixo o seu selo, Kartoon
Crazy Racing, que vén a ser un sinxelo xogo de carreiras de corte
clásico na liña co célebre Mario Kart,
pero contando con animais como pilotos. Este tÃtulo pode descargarse de balde,
pois publÃcase baixo a fórmula do free-to-play,
e permite gozar de carreiras en tempo real tanto de xeito individual como en
modos multi-xogador, para o que os usuarios poderán elixir vehÃculo e mascota,
contando durante as competicións con armas cos que defenderse cos
contrincantes, globos para poder coller power
ups e turbo, á vez que o control poderá empregarse tanto con controis
táctiles en pantalla (que poden ser botóns de esquerda e dereita ou un máis preciso volante) como o
acelerómetro do noso dispositivo (de xeito que moverémonos inclinando o
trebello).
O xogo goza de gráficos 3D, 8 circuÃtos diferentes, 8 personaxes, a
posibilidade de botar partidas en liña de xeito simultáneo e numerosas opcións
de personalización, converténdose nun tÃtulo moi recomendable para todos os
públicos que queiran gozar nun dispositivo con Android dunha experiencia á que
xa están afeitos moitos usuarios de consolas de Nintendo.
- O xogo permitiranos elixir entre 8 personaxes con aparencia cartoon
- Kartoon Crazy Racing conta con distintos vehÃculos personalizables
VÃdeo promocional de Kartoon Crazy Racing