Completan a tradución de Chrome OS ao galego
luns, 27 de decembro do 2010
Dende o Proxecto Trasno veñen de
dar conta dun importante avance
na galeguización do navegador web Chromium e do sistema operativo Chrome OS,
estando esta última plataforma dispoñible xa
tanto en galego coma en éuscaro dende o pasado 19 de decembro,
converténdose xunto co chinés nos primeiros idiomas en teren traducidos todos
os ficheiros ao 100%.
A tradución ao galego comezou con certa desvantaxe con respecto a outras
traducións (que xa tiñan traducido o navegador web, de xeito que só lles
restaba o 40,25% de Chrome OS por traducir) polo que o esforzo que tiveron que
facer os 22 tradutores voluntarios
detrás deste traballo que botou a andar o pasado día 9.