Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Energy Sistem casa LEGO e Windows 10 para chegar aos pequenos da casa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
TREBELLOS

Energy Sistem casa LEGO e Windows 10 para chegar aos pequenos da casa

Marcus Fernández
Publicado: 22/12/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

energytablet8windowslegoedition_11.jpgAs tabletas son un tipo de dispositivo electrónico de moi boa acollida no ámbito familiar, sendo Android o sistema operativo que impera cando se trata de mercar unha tableta para os máis cativos do fogar, pero dende Energy Sistem consideran que Windows 10 pode ser unha solución igual de boa, polo que decidiron comercializar unha LEGO Edition da súa Energy Tablet 8” Windows, que chega ao mercado cunha aparencia atractiva, contidos exclusivos de LEGO City e LEGO Friends pre-cargados e un prezo bastante axustado (o seu prezo oficial é de 109 euros, pero en Carrefour véndese de oferta a 99 euros).
energytablet8windowslegoedition_07.jpgEsta tableta conta cunha pantalla IPS de 8 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles, formato bastante acaído para os pequenos; funciona cun procesador Intel Atom Z3735F a 1,83 GHz, 1 GB de RAM, 16 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de memoria microSD de ata 128 GB), cámaras frontal e traseira de 2 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, saída HDMI, batería de 4.000 mAh (cunha autonomía de ata 5 horas de navegación Wi-Fi), un grosor de 10 milímetros e un peso de 368 gramos.
Temos así un equipo con Windows 10, que tanto serve para o lecer electrónico como para a meirande parte de funcións que permitiría un ordenador ordinario (polo que pode entenderse como unha introdución á informática para os raparigos), pero podendo sostelo na man e transportalo con comodidade. A súa estética tamén facilita que resulte atractivo, polo que non sería de sorprender que no Nadal as tabletas con Windows como esta poidan facerse un oco entre a vaga de tabletas con Android que se venderon nestas datas os últimos anos.



Vídeo promocional da Energy Tablet 8" Windows

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

TREBELLOS

TP-Link presenta unha cámara doméstica con pantalla táctil e videochamadas

25/11/2026
TREBELLOS

O Honor Magic9 Pro Max inicia o seu espallamento internacional

24/11/2026
TREBELLOS

Samsung presenta o primeiro monitor gaming capaz de alcanzar os 1.100 Hz

23/11/2026
TREBELLOS

Primeiros auriculares abertos con deseño de clip de Xiaomi

17/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?