Expertos da defensa e seguridade xúntanse na UDC para analizar o uso das TIC no seu sector
luns, 18 de novembro do 2013
- Investigadores do CITIC encabezados por Carlos Vázquez Cendón
Mañá comeza na aula de
Graos da Facultade de Dereito da UDC as Xornadas
sobre Seguridade, Defensa, Tecnoloxías matemáticas e computacionais
organizadas polo Centro de Investigación
TIC (CITIC) xunto ao Centro Superior de Estudos da Defensa Nacional
(CESEDEN) e o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI).
Cunha duración de dous
días, contarán coa participación de representantes e investigadores destes
organismos e institucións, ademais de expertos en tecnoloxías matemáticas e
computacionais relacionadas coa defensa doutras entidades como o Centro
Criptológico Nacional (CCN), o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) ou
a Dirección Xeral de Armamento e Material (DGAM) do Ministerio de Defensa.
Durante estes días
desenvolveranse relatorios e mesas redondas nas que se debaterá sobre temas
como a oferta e demanda de tecnoloxía matemática e computacional no ámbito da
Seguridade e a Defensa, ou a prospectiva e tendencias da tecnoloxía e a
matemática coa formación e a colaboración como claves do presente e o futuro.
Segundo Carlos Vázquez
Cendón, Corresponsable do Área Tecnolóxica do CITIC de Matemática Aplicada e
Estatística e Investigación Operativa, “nestas xornadas vanse a dar cita
grandes nomes relacionados coa seguridade, defensa e as tecnoloxías aplicadas a
estes campos. Trátase dun programa moi completo, que pode sentar unha
importante base para o desenvolvemento de colaboracións futuras neste campo nos
próximos anos”.
Axudas do programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas: Agrupación Estratéxica CITIC (CN2012/211). Cofinanciado por::