Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: HTC presenta un par de móbiles con Windows Phone 8
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
TREBELLOS

HTC presenta un par de móbiles con Windows Phone 8

Marcus Fernández
Publicado: 19/09/2012
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

htc-windows-phones.jpgHTC celebrou hoxe un evento para os medios en New York que curiosamente centrouse na presentación de terminais con Windows Phone 8, que na liña de Nokia, chegan en cores moi rechamantes e tamén poranse á venda en novembro, mes no que o sistema operativo móbil de Microsoft vai procurar facerse un bo oco no mercado de cara á campaña de Nadal. Entre os operadores que van distribuír estes móbiles en Europa figuran Orange, Vodafone e Telefónica.
HTC-8x-lima.jpgComo móbil insignia, e cun ha innegable inspiración nos Nokia Lumia, temos agora o HTC 8X, móbil con pantalla de alta definición (720p) de 4,3 polgadas con Gorilla Glass 2, procesador Qualcomm S4 de dobre núcleo a 1,5 GHz, 1 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno, microSIM, Bluetooth 2.1, Wi-Fi N, NFC, GPS, son de alta calidade (Beats Audio), cámara traseira de 8 Mpíxeles con enfoque automático e flash LED capaz de gravar vídeo a 1.080p, cámara frontal de 2,1 Mpíxeles con gravación de vídeo a 1.080p, un grosor de 10,12 milímetros e un peso de 130 gramos, Estará dispoñible en azul, negro, lima e vermello e o seu prezo de venda libre será de 599 euros.
HTC-8S.jpgPara chegar a un público máis amplo temos tamén o HTC 8S, que limita a súa pantalla ás 4 polgadas (con Gorilla Glass e unha resolución de 800 x 480 píxeles), confórmase cun procesador Qualcomm S4 de dobre núcleo a 1 GHz, 512 Mb de RAM e 16 Gb de almacenamento interno, e ten tamén microSIM, GPS, Bluetooth 2.1, Wi-Fi N, son de alta calidade (Beats Audio), cámara frontal de 5 Mpíxeles con enfoque automático e flash LED capaz de gravar vídeo a 720p, un grosor de 10,28 milímetros e un peso de 113 gramos. Preséntase con carcasas que combinan varias cores dándolle unha aparencia moi rechamante e o seu prezo libre en España será de 319 euros, o que é un punto moi ao seu favor (se temos en conta as posibles subvencións que ofrecerán algúns operadores móbiles).
En vista desta presentación de HTC dende Nokia non trabaron a lingua e declararon que os novos terminais son moi positivos para o ecosistema Windows Phone, aínda que matizan que “mentres outros elixen re-marcar tacticamente os seus produtos, Nokia leva unha franquía líder na industria en exclusiva para Windows Phone. Con Lumia creamos unha experiencia única como as imaxes PureView, a localización e a navegación, a carga sen fíos e Nokia Music. E só estamos a empezar”. Estas declaracións responderían ao feito de que os terminais de HTC non deixan de ser versións doutros móbiles que xa existían co sistema operativo Andorid aos que instalaron outro sistema operativo.

Vídeo de presentación dos novos móbiles con Windows Phone 8 de HTC

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

TREBELLOS

TP-Link presenta unha cámara doméstica con pantalla táctil e videochamadas

25/11/2026
TREBELLOS

O Honor Magic9 Pro Max inicia o seu espallamento internacional

24/11/2026
TREBELLOS

Samsung presenta o primeiro monitor gaming capaz de alcanzar os 1.100 Hz

23/11/2026
TREBELLOS

Primeiros auriculares abertos con deseño de clip de Xiaomi

17/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?