Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 700 aliados dixitais fomentan a modernización de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 700 aliados dixitais fomentan a modernización de Galicia

Redacción
Publicado: 18/05/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20160518_inclusion_01.jpgEsta mañá celebrouse un encontro do colectivo de voluntarios, empresa, entidades e asociacións de distinto tipo que contribúen aos obxectivos do Plan de Inclusión Dixital 2020, aos que o presidente da Xunta gabou pola “implicación, en definitiva, dos máis de 700 aliados dixitais para que ningún galego nin ningunha galega perda o tren da sociedade dixital” e para que na terceira década do século XXI, todos os galegos estean capacitados para aproveitar as oportunidades que brinda este contexto.
Feijoo subliñou que o Plan de inclusión dixital de Galicia 2020 aspira a crear hábitos de uso das TIC entre aqueles que aínda non as empregan; a incrementar os coñecementos dixitais daqueles que xa empregan as TIC; e a fomentar o uso das TIC como unha forma innovadora de resolución dos desafíos sociais. Tamén destacou a utilidade da tecnoloxía dixital para resolver desde o ámbito local retos ligados á educación, á saúde, ao emprego e, en definitiva, ao benestar da cidadanía.
20160518_inclusion_03.jpgO presidente da Xunta incidiu na necesidade de seguir traballando para que todos os galegos saiban usar internet. Non en van, a porcentaxe de poboación que emprega internet incrementouse nun 40%; Galicia ocupa o terceiro posto na clasificación de comunidades autónomas que interactúan coas administracións públicas a través da Internet, e tres de cada catro fogares teñen Internet de banda larga.
O máximo mandatario do Executivo galego concluíu a súa intervención facendo fincapé na necesidade de fomentar o uso da Internet entre os 160.000 galegos que non o empregan, un colectivo formado maioritariamente por persoas maiores. E, para iso, avogou por ensinar a empregar mellor os dispositivos móbiles e por promover a confianza en internet e a seguridade dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?