Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Miguel Ángel Ríos Fernández, elixido colexiado de honra do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Miguel Ángel Ríos Fernández, elixido colexiado de honra do CPEIG

Redacción
Publicado: 10/06/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cpeig_miguel_angel_rios2.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) deu a coñecer este 10 de xuño a quen vai ir dar o seu recoñecemento Colexiado de Honra: será para Miguel Ángel Ríos Fernández, presidente da Real Academia Galega de Ciencias. A distinción farase oficial durante o transcurso da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, prevista para o vindeiro día 26 de xuño en Santiago de Compostela. “Entre os moitos méritos para obter o recoñecemento das enxeñeiras e enxeñeiros informáticos galegos”, explican os membros do xurado dos galardóns do CPEIG, “atópase o de ter sido pioneiro no uso da Informática na investigación en Galicia e impulsor da súa implantación na actividade científica galega”.
Miguel Ángel Ríos Fernández é licenciado e doutor en Ciencias Químicas pola universidade compostelá, especializouse en Química Cuántica na Universidade de Kent (Gran Bretaña) e iniciou a investigación sobre esta especialidade en Galicia.
Segundo lembra o CPEIG, foi pola súa especialidade en investigación polo que incorporou a finais da década dos 60 a informática como “ferramenta imprescindible para o desenvolvemento do seu traballo”. A programación en Fortran e a procura de capacidade de computación pasou a ocupar o seu tempo e preocupación.
O novo colexiado de honra do CPEIG foi o primeiro director do primeiro Centro de Cálculo da Universidade Galega (USC) e responsable do primeiro computador de cálculo vectorial instalado en Galicia. Exerceu tamén como secretario xeral de I+D da Xunta e presidiu o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Dende o ano 2010 é o presidente da Real Academia Galega de Ciencias.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?