Motorola volve ao terreo de xogo co atractivo Moto G
mércores, 13 de novembro do 2013
Nos últimos dÃas un dos smartphones máis recomendados pola
súa relación calidade-prezo é sen dúbida o Nexus
5, que por 349-399 euros ofrece unhas prestacións propias de moitos móbiles
de alta gama, pero hoxe dáse a coñecer un terminal que pode quitarlle o
protagonismo, o Moto
G, que sae á venda en Brasil (o terminal presentouse nun evento en São Paulo) e varios paÃses
europeos por un prezo moi atractivo que, ao parecer, suporÃa o regreso ao
mercado español de Motorola, de xeito que o
novo smartphone poderÃa mercarse libre dende o 1 de decembro a un prezo que
parte dos 179 euros.
Pero non pensemos que o feito de estarmos ante un smartphone a un prezo
axustado significa que esteamos ante un produto de baixa gama, senón que o novo
terminal busca ofrecer unha experiencia de uso propia de terminais de alta
gama, para o que conta cunha pantalla de alta definición de 4,5 polgadas, un
procesador Qualcomm Snapdragon 400 de 4 núcleos a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, baterÃa de 2.070 mAh, cámaras de 5 e 1,3 MpÃxeles,
Bluetooth 4.0, sistema operativo Android 4.3 actualizable a Android 4.4 KitKat a primeiros de 2014 e numerosas
opcións de personalización a través de carcasas traseiras intercambiables, cubertas
e marcos protectores, que estarán dispoñibles en cores rechamantes para quen
queira engadirlle un toque diferente a este móbil elegante.
Espérase que o móbil teña 8 Gb de almacenamento interno no seu modelo básico,
contando tamén cunha versión con 16 Gb de capacidade por só uns 20 euros máis.
- O Moto G contará con carcasas traseiras intercambiables
- Entre as opcións de personalización, o Moto G tamén contará con cubertas de cores
VÃdeo promocional do Moto G
VÃdeo do evento de presentación do Moto G en São Paulo