Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nokia presenta os novos Lumia 920 e 820 con Windows Phone 8 e PureView
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
TREBELLOS

Nokia presenta os novos Lumia 920 e 820 con Windows Phone 8 e PureView

Marcus Fernández
Publicado: 05/09/2012
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

nokia_lumia_920_e_820.jpgMicrosoft e Nokia uníronse hoxe para dar a coñecer ao mundo os novos móbiles da familia Lumia, dos que xa se filtrara bastante información nos últimos días, e que finalmente non decepcionaron. Os novos terminais con Windows Phone 8 serán o Lumia 920 e o Lumia 820, e aparte de contar cun sistema operativo innovador e con moito potencial, queren destacar especialmente pola súa cámara, que conta coa tecnoloxía PureView, que permite tomar boas imaxes incluso con pouca luz e tamén fai uso dun sistema de estabilización óptico da imaxe que reduce considerablemente o desenfoque e o movemento.

A pantalla super sensible do Nokia Lumia 920 incluso funciona empregando luvas
A pantalla super sensible do Nokia Lumia 920 incluso funciona empregando luvas
No caso do Nokia Lumia 920 temos unha xenerosa pantalla con PureMotion HD+ de4,5 polgadas (cunha resolución de 1.280 x 768 píxeles e cunha sensibilidade que permite o seu uso táctil incluso empregando luvas), cámaras de 8,7 e 1,2 Mpíxeles, 1 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento interno e batería de 2.000 mAh que pode cargarse sen fíos, mentres que o Lumia 820 confórmase cunha pantalla de 4,3 polgadas (cunha resolución de 800 x 480 píxeles), cámaras de 8 e 0,3 Mpíxeles, 8 Gb de almacenamento interno e 8 Gb de memoria interno ampliable mediante tarxetas microSD e batería de 1.650 mAh (que pode cargarse sen fíos de empregarse unha carcasa especial, dispoñible en varias cores). Ambos terminais contan cun procesador Snapdragon S4 de dobre núcleo a 1,5 GHz, 1 Gb de RAM e NFC (o que, entre outras cousas, permitirá o uso de altofalantes e auriculares compatibles con esta tecnoloxía cun emparellamento de dispositivos moi doado).
Os novos Lumis poden cargarse sen fíos mediante tecnoloxía Qi
Os novos Lumis poden cargarse sen fíos mediante tecnoloxía Qi
Para a mencionada carga de batería sen fíos existirán distintas solucións, como bases sobre as que colocar o móbil, soportes que permiten manter o terminal con certa verticalidade, altofalantes que integran cargador sen fíos e mesmo unha almofada cargadora sobre a deixar repousar o móbil.
No tocante ao software, estes novos móbiles veñen con Nokia Mapas, aplicación que pode funcionar sen acceso á Internet e que integra navegación e realidade aumentada, aínda que para esta última función resulta moito máis axeitado Nokia City Lens, que pretende ser a aplicación que achegue a realidade aumentada ás masas (conseguindo unha popularidade que Layar non está a ser capaz de acadar).
Con respecto ás cores, o Nokia Lumia 920 venderase en amarelo, vermello, gris, branco e negro, mentres que o Nokia Lumia 820 estará dispoñible en amarelo, vermello, gris, azul claro, púrpura, branco e negro. Chegarán a finais de ano en versión HSPA+ e LTE con prezos e datas de lanzamento aínda por determinar.

A tecnoloxía PureView promete ser o principal reclamo para os novos móbiles da gama Lumia


Presentación en vídeo do Nokai Lumia 920


O Nokia Lumia 820 explicado en vídeo


O sistema de estabilización de imaxe da cámara do Nokia Lumia 920 posto a proba en vídeo

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

TREBELLOS

TP-Link presenta unha cámara doméstica con pantalla táctil e videochamadas

25/11/2026
TREBELLOS

O Honor Magic9 Pro Max inicia o seu espallamento internacional

24/11/2026
TREBELLOS

Samsung presenta o primeiro monitor gaming capaz de alcanzar os 1.100 Hz

23/11/2026
TREBELLOS

Primeiros auriculares abertos con deseño de clip de Xiaomi

17/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?