SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

O Congreso aproba a polémica Lei Sinde

martes 15 de febreiro do 2011, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Esta tarde a Lei de Economía Sustentable, coa súa polémica disposición final segunda, tamén coñecida como Lei Sinde, chegou ao Congreso dos Deputados para a súa votación, aprobándose finalmente o texto con 323 votos a favor do PSOE, PP e CiU, 19 votos en contra do PNV, ERC, ICV-IU, BNG, UPyD e CC e unha abstención, o que ocasionou un sentimento de derrota na Rede, onde distintos activistas amosáronse decepcionados ante o pouco efecto que tiveron as campañas emprendidas contra a creación da Comisión de Propiedade Intelectual para o peche de servizos da Sociedade da Información, no que moitos consideran que é un acto de censura que abre unha inseguridade xurídica e fai perigar a innovación tecnolóxica en España, á vez que non terá apenas incidencia no problema que pretenden solucionar (as descargas irregulares a través da Internet).
A listaxe de deputados que votaron contra a Lei Sinde xa é pública, e incluso existe unha campaña que insta aos usuarios da Internet a non votar nas eleccións municipais aos candidatos dos partidos que apoiaron a que agora chaman a «Lei Sinde de Rajoy» (para ilustrar que non conta só co apoio do PSOE, senón tamén do PP).
Unha vez aparecido o texto aprobado no Boletín Oficial do Estado, botará a andar o regulamento que desenvolverá a creación da Comisión de Propiedade Intelectual, para que poida comezar a operar tras o verán.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS