Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Huawei P9 fai uso dunha dobre cámara traseira de Leica para destacar na fotografía móbil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
TREBELLOS

O Huawei P9 fai uso dunha dobre cámara traseira de Leica para destacar na fotografía móbil

Marcus Fernández
Publicado: 06/04/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

richard_yu_huawei_p1.jpgHoxe Huawei celebrou unha grande presentación en Londres para dar conta dos seus novos smartphones, que pretende converterse en referentes da fotografía móbil grazas á colaboración con Leica. Trátase dos Huawei P9 e P9 Plus que iniciarán o seu lanzamento comercial o 16 de abril en 29 países entre os que figura España.
Richard Yu, o director xeral do Huawei Consumer Business Group, expresou o seu entusiasmo por “achegar aos usuarios do P9 a mellor experienica de fotografía nun smartphone mediante o aproveitamento das capacidades sen rival de Leica, líder mundial no mundo da imaxe durante máis de 100 anos”, e para deixar clara a súa aposta, Huawei vai tirar proveito de estrelas cinematográficas como Henry Cavill e Scarlett Johansson, quen farán de embaixadores dos Huawei P9 e protagonizarán o seu anuncio de televisión do que amosaron un adianto para o que contaron con Cavill no escenario.
henry_cavill_huawei.jpgPara poder destacar coa súa cámara os P9 optan por un sistema de cámara dual, de xeito que unha cámara RGB especialízase en captar a cor, mentres que a outra rexistra o detalle das imaxes, conseguindo así instantáneas cun nivel de detalles, profundidade e cor que incluso conseguen resultados de calidade en condicións de baixa luz. Un dos detalles máis curiosos desta configuración é que o móbil pode funcionar como unha cámara en branco e negro real.
huawei-p9_camara.jpgPara conseguir unhas imaxes nítidas, as cámaras do P9 combinan tres tecnoloxías no seu enfoque (láser, cálculo da profundade e contraste) e elixe a que considera que dá o mellor resultado. Tamén contan con axustes da apertura da cámara para poder crear efecto bokeh e outros efectos de profundidade de campo.
A nivel de acabado Huawei tamén coida estes novos teléfonos, para que quede claro que estamos ante produtos premium, o que pode verse dende a súa carcasa de aluminio de clase aeroespacial e o cristal 2.5D, ata os acabados en cor bruma dourada facendo uso de técnicas que inclúe o cepillado de liñas e o pulido de metal con elevada precisión para crear unha superficie de metal translúcida. Adicionalmente tamén estará dispoñible unha versión do P9 en cor branco cerámico que emula a pintura dos coches de alta gama, que reacciona de xeito impresionante ante o cambio das condicións ambientais.
banner-p9.jpgO Huawei P9 vén a ser un smartphone con pantalla Full HD de 5,2 polgadas, procesador Kirin 955 de oito núcleos, 3/4 GB de RAM, 32/64 GB de almacenamento interno, cámara traseira de 12 Mpíxeles con dobre obxectivo, cámara frontal de 8 Mpíxeles (con apertura F/1.8), lector de pegadas dixitais e batería de 3.000 mAh (dabondo para reproducir 12 horas de vídeo en HD ou navegar en 4G durante 8 horas), que funciona con Android 6.0 coa capa de personalización EMUI 4.1. O modelo con 3 GB de RM e 32 GB de almacenamento interno venderase por 599 euros, mentres que con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento interno custará 649 euros.
Pola súa banda o Huawei P9 Plus diferénciase por incorporar unha pantalla Full HD de 5,5 polgadas con Press Touch, batería de 3.400 mAh (que presume de conseguir unha autonomía un 30% maior que un iPhone 6s Plus) e un sistema de carga rápida que permite autonomía para falar por teléfono ata 6 horas con só 10 minutos de carga. Este terminal chegará ao mercado a un prezo de 749 euros, estando equipado con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento interno.




Avance en vídeo do anuncio que protagonizarán Henry Cavill e Scarlett Johansson

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

TREBELLOS

TP-Link presenta unha cámara doméstica con pantalla táctil e videochamadas

25/11/2026
TREBELLOS

O Honor Magic9 Pro Max inicia o seu espallamento internacional

24/11/2026
TREBELLOS

Samsung presenta o primeiro monitor gaming capaz de alcanzar os 1.100 Hz

23/11/2026
TREBELLOS

Primeiros auriculares abertos con deseño de clip de Xiaomi

17/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?