
Segundo contan dende O meu Ubuntinho, hai outras vantaxes, amais da do galego como opción de entrada cen por cen dispoñible (confirmado por Canonical estes días nas redes sociais). Así, por vez primeira poderemos empregar nun teléfono móbil os Ámbitos (Scopes) que evitan ter que abrir e cambiar entre múltiples aplicacións. En troques disto, o sistema móbil Ubuntu traeranos todo o que necesitemos á pantalla.
Polo que respecta ao código fonte, estará aberto e cen por cen accesible para calquera desenvolvedor ou fabricante que desexe melloralo ou adaptalo ás necesidades concretas de usuarios específicos. Segundo engaden dende o dito blog galego, Canonical ten a previsión de achegar os 50 mellores aplicativos dispoñibles, incluído Facebook, Twitter, Dropbox, Evernote e Amazon. Tamén será compatible con HTML5 e, ademais, está concibido para ser plenamente operativo como sistema de escritorio en canto se emprega nunha pantalla de computador (a diferenza de iOS e Android).
A un nivel máis técnico, o Aquaris E4.5 Ubuntu Edition ten unha pantalla de 4,5 polgadas (cunha resolución de 960 x 540 píxeles), procesador MediaTek de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 GB de RAM, 8 GB de almacenamento interno, cámaras de 8 e 5 Mpíxeles e dobre SIM.
O Bq Aquaris E4.5 Ubuntu Edition pode mercarse en Europa na páxina do propio fabricante.
O Ubuntu Phone de Bq vén con galego de serie
Compartir Este Artigo

