Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O blog Caderno da crítica de Ramón Nicolás, recoñecido pola AELG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O blog Caderno da crítica de Ramón Nicolás, recoñecido pola AELG

Fernando Sarasketa
Publicado: 06/05/2013
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ramon_nicolas.jpgFinalmente a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) decidiu entregar o seu premio ao mellor blog do ano ao escritor Ramón Nicolás, polo seu Caderno da crítica, un espazo dende o que se dá conta das principais novidades do eido literario galego, achegando un elemento moi de agradecer para os internautas que tamén son lectores de obras na súa lingua: o elemento da análise persoal, sen atrancos, das devanditas novidades. A isto súmase unha vontade de estar, non só virtualmente senón tamén fisicamente, alí onde se fai literatura e se fala dela.
Ramón Nicolás, como lembraremos, é profesor de lingua e literatura galega, crítico literario, tradutor e ensaísta. Arestora é responsable, entre outras cousas, da colección Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia. En 2004 recibiu o premio á cooperación editorial instituído por esta editorial polo seu labor como crítico literario.
O galardón da AELG constitúe un novo pulo ao seu importante labor a prol da promoción das nosas letras a través das novas canles de comunicación. A asociación, na entrega dos seus galardóns anuais celebrada este sábado na Coruña, tamén premiou a Ramón Nicolás, na categoría de ensaio, pola súa obra Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro (Xerais). Asemade, recoñecéronse as seguintes obras:
Literatura Infanto-xuvenil
O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas (Xerais)
Xornalismo Cultural
Ana Romaní
Narrativa
Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño (Galaxia)
Poesía
EX-AEQUO
Boca da cobra, de Francisco Salinas Portugal (Biblos)
Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro (Factoría K de libros)
Teatro
Banqueiros, de VV. AA. –Francisco Pillado, coordinador- (Laiovento)
Tradución
Cancioneiro, seguido das Rimas dispersas, de Petrarca, en tradución de Darío Xohán Cabana (Edicións da Curuxa)
Alén destas categorías, os Premios AELG constan doutros tres galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG:
· O premio Mestres e Mestras da Memoria, de nova creación, que se concedeu nesta primeira edición a Manuela Cortizo Medal e Ángel Rivas Veiga, por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional;
· O Premio Institucións que se concede a quen contribuíse á divulgación da lingua e cultura galega, e que este ano foi para o asociacionismo cultural representado por aquelas asociacións que, nacidas nas décadas dos 60 e 70, aínda manteñen a súa vitalidade e activismo cultural (Agrupación Cultural O Galo, Agrupaçom Cultural O Facho, Clube Cultural Valle Inclán, Agrupación Cultural Auriense, Agrupación Cultural Francisco Lanza, Agrupación Cultural Avantar, Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, Agrupación Cultural Lumieira, Sociedade Cultural Medulio, Associaçom Cultural Amig@s da Cultura de Pontevedra);
· E mais o Premio AELG 2013 Escritora Galega Universal, outorgado pola Asemblea á escritora Lídia Jorge, galardón que a distingue como autora que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana.
· No transcurso da gala a AELG tamén entregou aos humoristas gráficos Siro López Lorenzo “Siro”, Xosé Lois González Vázquez “O Carrabouxo, Xosé Ángel Rodríguez López “Gogue”, Xosé Carreiro Montero “Pepe Carreiro” e Xaquín Bieito Marín Formoso “Xaquín Marín” a distinción Bos e Xenerosos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?