Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O iPhone 7 e 7 Plus chegará a España o 16 de setembro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
TREBELLOS

O iPhone 7 e 7 Plus chegará a España o 16 de setembro

Marcus Fernández
Publicado: 07/09/2016
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

iphone7_7s.jpgApple celebrou esta tarde o seu evento de presentación da nova xeración de smartphones, o iPhone 7 e o iPhone 7 Plus, que poderán reservarse a partires do 9 de setembro ás 9:01 horas, e chegaría ás tendas o vindeiro día 16, sorprendendo o feito de que España está incluíndo entre os 25 países de lanzamento do móbil, en contraste co que aconteceu nos últimos anos, aínda que por desgraza chegan cunha suba de prezo, xa que o ano pasado o iPhone 6s partía dos 749 euros e o iPhone 6s Plus dos 859 euros, e o iPhone 7 partirá dos 769 euros e, o iPhone 7 Plus distanciaríase en prezo ata partir dos 909 euros (e chegando ata os 1.129 euros no seu modelo de maior capacidade de almacenamento). En calquera caso cómpre salientar que o incremento de prezo vén acompañado por un incremento de capacidade, xa que os novos smartphones chegarán en capacidades de 32, 128 e 256 GB, desbotando os 16 GB que claramente resultaban insuficientes para un móbil que disparan fotografías de grande resolución e grava vídeos en 4K.
iphone7plus-lineup.jpgEstamos ante smartphones de alta gama que, sen revolucionar a súa aparencia externa, inclúen interesantes novidades, como os novos procesadores A10 Fusion, que non só achegan maior potencia, senón que tamén coidan o consumo (teñen un par de núcleos de alta potencia e outro par de alta eficiencia, de xeito que adaptan o consumo ás necesidades de cada momento), inclúen numerosas bandas de LTE (permitindo velocidades de descarga de ata 450 Mbps), estrean resistencia á auga, contan con altofalantes estéreo e ofrécense nunha nova gama de cores (negro mate, negro brillante, prata, ouro e ouro rosa).

Contidos
  • Sen toma de mini-jack
  • Novo sistema de cámaras
  • Novos reloxos conectados

Vídeo de presentación do iPhone 7

Sen toma de mini-jack

airpods_mmef2_av5.jpgUn detalle moi rumoreado, e que finalmente confirmouse, é que os novos iPhone carecen de toma para auriculares, o que durante a presentación aseguraron que foi unha ousadía de Apple, e que compensan incluíndo cos móbiles non só uns auriculares EarPod con conector Lightning, senón tamén cun adaptador de Lightning a toma para auriculares de 3,5 milímetros (ou sexa, que facilita o uso de auricualres tradicionais).
Con esta medida Apple non só busca favorecer o uso de auriculares avanzados (como algúns que xa están dispoñibles no mercado e que inclúe cancelación de ruído activa sen ter que empregar baterías grazas a que o conector Lightning tamén achega corrente), senón que tamén busca promover o uso de auriculares sen fíos, como os AirPods, auriculares sen fíos que contan cunha funda de transporte que tamén integra batería para facilitar un longo uso en mobilidade, e que lembrarían ao concepto explorado polo Moto Hint, pero permitindo tanto o uso dun auricular solto como de ambos auriculares (para son estéreo). Estamos ante un produto moi atractivo, pero que ten no seu prezo a principal barreira de adopción (venderase a 179 euros).

Vídeo de presentación dos AirPods

Novo sistema de cámaras

plus_camera_mechanics_large.jpgPara recuperar posicións no mercado Apple decidiu realiza unha importante renovación das cámaras dos iPhone e así temos que agora tanto o iPhone 7 e o iPhone 7 Plus contan con estabilización óptica de imaxe, 12 Mpíxeles e apertura f/1.8 nas súas cámaras traseiras, así como unha impresionante cámara frontal de 7 Mpíxeles cunha apertura f/2.2. Tamén estrean un procesador de imaxe (ISP) que é capaz de realizar 100.000 millóns de operacións nunha única fotografía en só 25 milisegundos, conseguindo unhas imaxes de grande calidade, e o flash integrado tamén mellora considerablemente, adaptándose ao pestanexo das luces, para conseguir unhas imaxes mellor iluminadas.
Pero o máis rechamante a nivel de cámaras chega no iPhone 7 Plus, que opta por incorporar dúas cámaras traseiras de 12 Mpíxeles, unha cun grande angular con apertura f/1.8 e outra cun teleobxectivo de f/2.8 cun zoom óptico de 2x. Deste xeito o usuario pode elixir se tomar instantáneas amplas ou acercar a imaxe, algo difícil de ver nun smartphone.
Na presentación tamén detallaron que antes de rematar o ano lanzarán unha actualización de software que permitirá xogar coa profundidade de campo grazas ao uso de tecnoloxía de intelixencia artificial, o que permite que o smartphone distinga os obxectos que están en primeiro plano para mantelos enfocados mentres se desenfoca o fondo (conseguindo un fermoso bokeh) o que poderá facerse de xeito doado dende a aplicación da cámara simplemente con activar o modo retrato de disparo.

Novos reloxos conectados

watch-hero-water-5-up.jpgNon só os novos iPhone 7 estrean resistencia á auga, senón que o Apple Watch tamén terá unha nova xeración que sería somerxible a 50 metros, incorporaría GPS (para permitir que os usuarios poidan marchar a correr sen cargar co teléfono), melloraría o brillo da súa pantalla e actualizaría o seu procesador, saíndo á venda o 16 de setembro. Pero este novo reloxo non substituirá ao anterior completamente, senón que manterase tamén o modelo vello, actualizándose o seu procesador, de xeito que, por exemplo, o Apple Watch con caixa de 38 milímetros e correa deportiva pasará a custar 339 euros no seu modelo básico, e 439 euros no modelo con GPS e resistencia á auga.
A finais de outubro tamén sairá un Apple Watch Nike+, ou sexa, orientado á práctica deportiva, destacando polas súas correas transpirables (perforadas), partindo estes novos reloxos dos 439 euros (ou sexa, que só estarían dispoñibles na versión resistente á auga e con GPS).

Vídeo de presentación dos novos Apple Watch

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

TREBELLOS

TP-Link presenta unha cámara doméstica con pantalla táctil e videochamadas

25/11/2026
TREBELLOS

O Honor Magic9 Pro Max inicia o seu espallamento internacional

24/11/2026
TREBELLOS

Samsung presenta o primeiro monitor gaming capaz de alcanzar os 1.100 Hz

23/11/2026
TREBELLOS

Primeiros auriculares abertos con deseño de clip de Xiaomi

17/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?