O sector tecnolóxico inunda de bromas a Rede co gallo do Primeiro de Abril
mércores, 1 de abril do 2015
Hoxe é unha data moi especial na Internet, xa que o Primeiro
de Abril é o equivalente en numerosos territorios do DÃa dos Santos Inocentes,
o que nótase especialmente en páxinas web do ámbito tecnolóxico, onde é
tradición realizar bromas inventando produtos e servizos ridÃculos, destacando
cada ano Google, que aÃnda que nunha ocasión meteu a zoca por presentar Gmail o
1 de abril (considerado un dos meirandes erros de comunicación da compañÃa),
consegue sorprender coas súas ideas tolas e orixinais, como estrear o dominio com.google ofrecendo unha
versión do seu buscador no que a imaxe aparece en espello¸ anunciar Smartbox
(unha caixa de correo postal tan tecnolóxica como innecesaria) ou incluso
permitindo xogar ao Comecocos nas
rúas que esteamos a visualizar en Google Maps (tanto na súa versión web como a
través das aplicacións para iOS e Android).
small>Divertido vÃdeo no que podemos ver a presentación do Smartbox de Google
As tendas en liña tamén presentaron produtos ridÃculos, como unha
consola de videoxogos a vapor en Thinkgeek ou roupa interior smart para autorizar pagamentos
mediante un movemento pélvico e unha sonda rectal para
poder disparar selfies internos
co noso smartphone en Firebox.com.
No mundo da telefonÃa móbil tamén puidemos ver como SamsungTomorrow daba conta
do lanzamento
do Samsung Galaxy BLADE Edge: Chef’s
Edition, que serÃa un hÃbrido entre smartphone e coitelo de cociña; o
operador T-Mobile anunciou a incorporación
das mascotas aos plans familiares de telefonÃa móbil; Vodafone en Australia
presentou
un teléfono que integrarÃa un teclado con emoticonas; Motorola presentou un fermoso pau para selfies; e incluso Microsoft
quixo participar de todo este fenómeno anunciando que os
seus teléfonos Lumia contarÃan cun novo sistema operativo: MS-DOS Mobile (de feito, chegou a publicar unha aplicación para Windows Phone que imitarÃa tal sistema operativo e que incluso integrarÃa ao asistente Cortana).
VÃdeo no que podemos ver o fermoso (e literal) pau para selfies de Motorola
- Microsoft anunciou hoxe unha versión móbil do vello MS-DOS
Tampouco quedou curta a proposta de Sony, que presentou
PlayStation Flow, unha nova gama de produtos que farÃan uso de PlayStation
Wearable Entertainment Technology (P-WET), de xeito que permitirÃan somerxerse
literalmente na experiencia de xogo, xa que estes accesorios serÃa lentes e
sensores para empregar na piscina, onde poderÃa gozarse de xogos subacuáticos
entre os que non faltarÃan as fases baixo a auga de The Last of Us Remastered. Todo un concepto revolucionario que
podemos ver como unha burla do fenómeno que están a provocar os dispositivos wearables.
VÃdeo de presentación de PlayStation Flow