O vindeiro día 8 podería ver a luz Movistar+ TV, resultado da absorción de Canal+

venres, 3 de xullo do 2015 Marcus Fernández

Tras a adquisición de Canal+ por parte de Telefónica, estaba pendente a reestruturación da oferta audiovisual de Movistar, que segundo información publica por Mundoplus.tv, materializaríase o vindeiro día 8 como Movistar+, contando con paquetes con prezos de entre 5 e 80 euros, e que estarían dispoñibles por satélite, fibra e ADSL, aínda que é posible que certas canles non poidan ofrecerse inicialmente vía satélite.
A opción básica de Movistar+ TV contaría con canles xeralistas (La1, La2, Antena 3, Cuatro, Telecinco e laSexta), deportivas (Teledeporte), musicais (MTV e Sol Música), de estilo de vida (Canal Cocina e Decasa), infantís (BabyTV, Disney Channel, Disney Junior, Disney XD, Nick Jr, Nickelodeon e Panda) e de lecer (AXN, AXN White, Calle13, Comedy Central, Cosmo, FOX, Fox Life, SyFy, TNT, MTV e TCM).
Con Movistar+ TV Deportes incluiríanse Canal+ F1, Canal+ MotoGP, Canal+ Deportes, Canal+ Deportes 2 e Canal+ Golf por 20 euros (a maiores da opción de Fusión contratada). Na mesma liña estaría Movistar+ TV Fútbol, que por 25 euros incluiría Canal+ Liga, Canal+ Liga 2, Canal+ Partidazo e Canal+ Fútbol.
Máis modestas serán a opción Movistar+ TV Cine, coas canles de cine da marca Canal+ por 9 euros e que incluiría o novo Canal+ Estrenos xunto con Canal+ DCine, Canal+ Acción, Canal+ Comedia, Canal+ Xtra e Canal+ DCine Español; e tamén a opción Movistar+ TV Series, que por só 5 euros/mes incluirá Canal+ Series, Canal+ Series Xtra e o servizo de vídeo baixo demanda de series de Movistar.
Aparte tamén haberá tres paquetes Premium, que incluirán as opcións temáticas, así como servizos e canles de pagamento dentro da súa oferta, e que serían Movistar+ TV Premium, cun prezo de 50 euros, Movistar+ TV Premium Total por 65 euros e, finalmente, Movistar+ TV Premium Plus Total, que chegaría até os 80 euros e incluiría canles como Canal+ Toros.

PUBLICIDADE