Os grupos de novas (newsgroups) avanzan cara a súa desaparición
xoves 2 de xullo do 2009, por |
Enviar por e-mail |
| Compartir
Nos comezos da Internet
comercial, cando aÃnda non habÃa nin Facebook nin foros vÃa web, tiñan moita
importancia os newsgroups ou grupos
de novas, que funcionan cunha tecnoloxÃa semellante á do correo electrónico,
pero empregando coma destinatarios temáticas de interese en vez de persoas, e
que incluso consultábanse dende as mesmas aplicacións informáticas utilizadas
para ler o e-mail, pero a aparición de alternativas e a praga do spam provocou un éxodo de usuarios, de
aà que hoxe Mercè Molist dedicase un artigo a xeito de
obituario anticipado, pos asegura que dos 200 grupos de novas españois que
chegaron a existir, só permanecen activos uns 20, e a propia RedIRIS anunciou
que en abril de 2010 deixará de
ofrecer este servizo «decadente e
minoritario» ao que xa deron as costas a meirande parte de provedores de
acceso á Internet e que para moitos é só unha canle máis para o intercambio de
ficheiros.
Os newsgroups son agora un
descoñecido para a meirande parte dos usuarios, e unha tecnoloxÃa que pese a
non quedar obsoleta, non foi capaz de adaptarse ao seu público, que perdeu o
interese en consultar uns medios inundados polo lixo. Todo apunta a que a medio
prazo o servizo desaparecerá, e ninguén o botará en falta, posto que os foros,
os blogs e as redes sociais atenden moito mellor as necesidades dos usuarios
que os grupos de novas.










