Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preséntase no CiTIUS a segunda edición de Galicia Open Future ante dúas ducias de emprendedores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Preséntase no CiTIUS a segunda edición de Galicia Open Future ante dúas ducias de emprendedores

Fernando Sarasketa
Publicado: 08/07/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

citius_gof_presentacion-2.jpgO centro tecnolóxico CiTIUS da USC acolleu hoxe a presentación da segunda convocatoria de Galicia Open Future, centro de emprendemento tecnolóxico-dixital emprazado na Cidade da Cultura en Santiago e impulsado por Telefónica. Á cita acudiron arredor de dúas ducias de beneficiarios potenciais da palestra tecnolóxica de crowdworking (emprendedores, estudantes e profesionais cun proxecto TIC entre mans, bosquexado ou en fase xa de desenvolvemento), e os detalles da nova edición foron achegados por María del Carmen López, directora de Galicia Open Future, e máis Paloma Barreiro, directora do proxecto en Grupo Barrabés.
As dúas relatoras lembraron que aínda se poden presentar candidaturas (ata o 15 de xullo) e que na Rede atópase o formulario a cumprimentar. Unha vez rematada a preselección inicial, daranse a coñecer os nomes dos 50 proxectos escolmados.
O centro galego de crowdworking, engadiron, achégalles a posibilidade de conectar con emprendedores, startups, investidores e organizacións públicas e privadas a nivel mundial. De feito, por iso se coñece como centro de crowdworking, porque vai máis alá de permitir un ambiente de traballo colectivo: subministra a posibilidade real de traballar con multitudes e, deste xeito, afinar a puntería nunha demanda de información ou colaboración concreta ao tempo que se prepara aos emprendedores o camiño da internacionalización.
Logo dun repaso polos froitos acadados na primeira edición de GOF (co impulso de proxectos tan salientables como Monet Tecnología e Innovación, Situm Technologies e Appentra Solutions, todas elas as startups gañadoras do I Galicia Open Future), lembrouse que o programa ten unha duración inicial de seis meses -prorrogables en períodos de 3 meses-, durante a cal os emprendedores reciben formación e adestramento especializado, adaptado ás súas diferentes fases de maduración (idea, semente, prototipo, piloto ou lanzamento) e relacionado co seu modelo de negocio. A maiores, informaron que a palestra habilitada no Gaiás (Santiago) posibilita o contacto con emprendedores de todo o mundo involucrados no programa de innovación aberta Open Future de Telefónica (no que se integra Galicia Open Future).
Tamén destacaron as relatoras que superada a primeira fase de formación (que inclúen 2.000 euros de apoio a cada proxecto da man da Axencia Galega de Innovación), e unha vez evolucionados xa os proxectos, un xurado de expertos seleccionará os tres mellores de todos os escolmados. Recibirán unha achega, nese caso, de ata 25.000 euros da devandita axencia, que deberá destinarse ao desenvolvemento da propia iniciativa. Poderán acceder tamén a un préstamo reembolsable concedido por XesGalicia por un valor máximo doutros 25.000 euros.
Na presentación celebrada no CiTIUS, as responsables do centro de crowdworking de Telefónica falaron tamén de como se traballa cos proxectos que chegan a Galicia Open Future, o diferente tratamento que precisa cada un deles: dende os proxectos que só chegan propostos cun Power Point ata aqueles que xa irrompen nun relativamente avanzado estado de desenvolvemento. Tamén lembraron que de xeito paralelo á iniciativa lévanse a cabo obradoiros abertos para fornecer recursos (tamén) a quen non estea integrado en GOF. Neste senso, lembraron que o ano pasado houbo medio cento de accións desta índole, que se complementaron con visitas de comerciais e representantes dunha chea de empresas españolas e internacionais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?