Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preséntase o concurso europeo de navegación por satélite, ESNC 2015, no Porto do Molle
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Preséntase o concurso europeo de navegación por satélite, ESNC 2015, no Porto do Molle

Redacción
Publicado: 05/06/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

porto_molle_zona_franca.jpgO Porto do Molle, en Nigrán, acolleu hoxe a presentación dunha serie de cousas de gran relevancia para aquelas empresas galegas que atesouren capacidade e potencial para introducirse ou afianzarse no sector das tecnoloxías ligadas ao Espazo. Así, por unha banda deuse a coñecer oficialmente o certame europeo de navegación por satélite ESNC, edición 2015, convocado baixo o epígrafe Galician Community Challenge e destinado a premiar as mellores ideas para o desenvolvemento de aplicacións de navegación por satélite “sen importar o estado de desenvolvemento no que se atope o proxecto, servizo ou idea de negocio”. Por outra banda, na xornada amosáronse en detalle novas oportunidades para proxectos baseados na navegación por satélite.
Ao fío disto último, avanzáronse algunhas das liñas de actividade que van ter as novas instalacións en Nigrán da firma Delta, que vai realizar en Porto do Molle un investimento superior aos 25 millóns de euros. “Isto”, sinalou a delegada de Estado do Consorcio da Zona Franca (Teresa Pedrosa), “sumado ás empresas xa existentes e aos programas de promoción e aceleración de emprendedores, está a converter ao parque empresarial de Nigrán nun polo de atracción do talento e nun centro de innovación de referencia para todo o noroeste peninsular”.
Na xornada, amosando precisamente as oportunidades na mobilidade espacial para proxectos empresariais galegos, tamén participou o voceiro da Axencia Espacial Europea en España, Javier Ventura-Traveset, quen fixo fincapé no proceso actual de crecemento que están a experimentar as empresas que basean o seu modelo de negocio na navegación por satélite. No seu relatorio Ventura-Traveset tratou aspectos relevantes sobre a ESA e o sector espacial en España, engadindo que “navegación, telecomunicación espacial e observación da terra son as áreas de extraordinaria capacidade para aplicacións baseadas na navegación por satélite”. O relator tamén destacou que segundo a Comisión Europea estímase que entre o 6 e 7% do produto interior bruto da UE depende actualmente da devandita tecnoloxía aeroespacial. E engadiu: “Máis que a tecnoloxía cómpre que ideemos algo que realmente faga falta e ao que podemos dar unha solución porque estamos nun intre culminante neste tipo de tecnoloxías aeroespaciais”.
Acerca de Galileo, Javier Ventura-Traveset explicou que se trata dun sistema europeo que ofrecerá cobertura mundial e aumentará a independencia tecnolóxica de Europa e situará a esta “no centro dunha revolución comercial baseada nos produtos e servizos de posicionamentos que se prevé que creará numerosos postos de traballo en Europa para o ano 2020”. Esta nova economía, engadiu, baséase en “proporcionar e garantir un posicionamento preciso para todo tipo de aplicacións civís como os navegadores para coches, teléfonos móbiles, transporte marítimo, aéreo ou ferroviario”.
Volvendo ao concurso ESNC, sinalar que foi presentado na xornada polo profesor da Universidade de Vigo, Francisco J. Diaz-Otero. Segundo fixo saber, o concurso (do que é socio principal o Consorcio da Zona Franca de Vigo en colaboración co Igape e GAIN) é un evento internacional de innovación que premia as mellores ideas para o desenvolvemento de aplicacións de navegación por satélite “sen importar o estado de desenvolvemento no que se atope o proxecto, servizo ou idea de negocio”. Este concurso está dirixido a empresas, emprendedores, investigadores, estudantes e inventores.
Na xornada, Teresa Pedrosa tamén animou aos estudantes de enxeñaría da Universidade a participar no concurso que como premio (edición galega) terá o aloxamento gratuíto durante un ano nun dos viveiros do Consorcio con todos os servizos que desde eles se prestan. “Estamos a pór as a bases para dar un espazo aos enxeñeiros para que poidan desenvolver aquí todo o seu potencial” dixo a delegada quen tamén falou da intención do Consorcio de establecer vínculos de colaboración permanentes coa ESA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?