Proban que o iPhone 4 ten un fallo de deseño (e Apple non quere ese tema nos seus foros)
martes 13 de xullo do 2010, por | |
| Compartir |
Os enxeñeiros de Consumer Reports realizaron unha
serie de probas no iPhone 4 confirmando que os problemas de recepción
producidos ao tocar cos dedos ou a man nunha das súas esquinas non é un
problema de software coma defende Apple, senón que trátase dun defecto de
deseño do terminal, polo que, ao rematar estas análises conclúen rexeitándose a
recomendar este terminal que consideran defectuoso.
Para as probas empregaron 3 terminais mercados en establecementos diferentes, á
vez que as probas tiveron lugar nun ambiente controlado. Tamén someteron ás
probas a un iPhone 3GS e un Palm Pre, ambos empregando o sinal da operadora
AT&T (a que subministra o iPhone 4 nos EE.UU.), sendo o último móbil de
Apple o que presenta perdas de sinal, e comprobando que o fallo pode
solucionarse cun antiestético anaco de cinta aislante ou empregando unha funda
para o móbil. Así pois, dende Consumer Reports consideran que o iPhone 4 é un
terminal excelente no tocante á súa pantalla e á súa cámara, pero ao estar a
falar dun móbil, consideran que non pode recomendarse o seu uso ata que
corrixan o seu fallo de deseño que podo provocarlle problemas de cobertura, e
continúan a recomendar o vello iPhone 3GS.
Esta polémica podería non ter un longo percorrido se non fose porque cando
algún usuario fai referencia ao informe que cuestiona o deseño do iPhone 4 nos
foros de Apple, o seu fío de conversa vese eliminado, algo que parece ser
unha práctica habitual (ou sexa, que si existen fíos con comentarios negativos,
pero só os que Apple admite). Esta reacción de Apple, lonxe de acalar as
críticas, está a ter un efecto de bola de neve, de xeito que agora a análise de
Consumer Reports é nova en boa parte da prensa tecnolóxica internacional.
Vídeo no que explican as probas ás que someteron ao iPhone 4
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














