Un neno de 9 anos consegue unha certificación profesional de Microsoft
mércores, 16 de xaneiro do 2013
Cada vez é menos sorprendente que un cativo con habilidades
para o uso da tecnoloxÃa consiga superar o exame necesario para certificarse
como especialista en tecnoloxÃas de Microsoft, e desta volta é Pranav Kalyan, un
neno de 9 anos orixinario da India o que conseguiu o recoñecemento MCTS (Microsoft Certified Technology Specialist)
ao demostrar os seus coñecementos na framework ASP.NET 3.5 o pasado 12 de
xaneiro, converténdose na persoa de menor idade con tal cualificación (aÃnda
que temos que lembrar que en 2009 un neno
de 8 anos xa conseguira un recoñecemento semellante).
O pai do cativo xa recoñecÃa que non só o rapaz está fascinado polos
ordenadores coma se fosen xoguetes, senón que xa comezara a programar aos 6
anos e incluso é
capaz de resolver problemas de cálculo integral e diferencial, ou sexa, que
ten unha capacidade para as matemáticas impropias dun neno da súa idade, o que
claramente contribúe a que sexa quen de desenvolver software.