Unha aplicación móbil galega anímanos a facer turismo cinematográfico
xoves, 2 de agosto do 2012
A compostelá Zadia
Software, integrada polos enxeñeiros técnicos en informática Gonzalo Mateo Sixto e Adrián Moreno Pena, estreou nas últimas
horas na App Store unha aplicación de balde para
iPhone e iPod Touch chamada PlotSpot e que pode resultar de grande interese
para os que queiran practicar o cineturismo,
pois esta ferramenta permite coñecer os lugares onde se desenvolve a historia
dunha película, indicando o que acontece na localización, incluíndo ligazóns ás
páxinas oficiais dos lugares da película ou á Wikipedia para afondar na información,
fotografías das localizacións e a súa situación no mapa.
Inicialmente a aplicación chega
con información de 7 películas: o Episodio IV de Star Wars, Sexo en Nueva York,
Ocean’s Eleven, Piratas del Caribe: La Maldición de la Perla Negra, Indiana Jones y la Última Cruzada, Harry Potter y la Piedra Filosofal e 007: Casino Royale. Deste xeito, aos
amantes do cine poderán visitar localizacións dos filmes, revivindo momentos
dos seus personaxes favoritos.
PlotSpot contará con máis de 100 localizacións de todo o mundo, máis de 300
fotografías e incluso permitirá coñecer os eventos e monumentos importantes das
cidades nas que aparecen os filmes e realizar reservas en hoteis ou
restaurantes que serviran de escenario das nosas películas favoritas.
- PlotSpot achega información de localizacións no mundo real das nosas películas favoritas