Unha nova aplicación móbil achega información sobre as praias galegas

mércores, 27 de xuño do 2012 Marcus Fernández

A compañía galega Ayco estreou este días na App Store unha nova aplicación ideal para o verán, pois achega a smartphones de Apple información sobre as praias galegas a través dun deseño elegante e dinámico. Playas de Galicia permite descubrir os mellores areais da nosa comunidade achegando información como a súa localización, a súa previsión meteorolóxica, os seus accesos e outras características de grande utilidade para elixir onde pasar as tardes durante este tempo estival.
A aplicación móbil inclúe un buscador que facilitar a localización da praia que máis nos interese en función de se conta con bandeira azul, a súa popularidade, a súa localización... resultando especialmente interesante se buscamos atopar novos areais nunha escapada pola costa galega.

A aplicación Playas de Galicia achega información detallada dos areais galegos

PUBLICIDADE