11,2 millóns de dólares para compensar aos damnificados polas filtracións de Ashley Madison

luns, 17 de xullo do 2017 Marcus Fernández

En xullo de 2015 Ashley Madison, páxina web que facilitaba as infidelidades matrimoniais, padeceu unha impresionante filtración da súa base de datos de usuarios (uns 37 millóns), e agora a compañía propietaria do servizo en liña, Ruby Corp (antes Avid Life Media Inc.), aceptou pagar 11,2 millóns de dólares nun acordo xudicial nos EE.UU., cando o pasado decembro tamén aceptara pagar 1,66 millóns de dólares de multa polos seus problemas de seguridade, rexeitando recoñecer a súa responsabilidade en ambos casos.
Co acordo xudicial que veñen de pechar aos prexudicados que teñan ben documentados os danos causados pola filtración dos seus datos poderán recibir até 3.500 dólares, aínda que é preciso que antes un xuíz federal de St. Louis aprobe o acordo que poría fin á demanda colectiva.

PUBLICIDADE