Ós contaminantes xa coñecidos dende hai anos, tanto da auga, como da atmosfera ou da terra, véñense engadindo nos últimos anos os contaminantes electromagnéticos, debido sobre todo ó espectacular desenvolvemento de aparellos eléctricos e ás comunicacións.
Esta proliferación incontrolada de fontes de contaminación electromagnética que existe no noso entorno fai medrar a preocupación nunha boa parte da sociedade, que advertida polos científicos dos posibles riscos que supón unha prolongada exposición a aquelas, loita con unllas e dentes contra manobras coma a colocación de antenas de telefonía móbil, de transmisión de radio e televisión ou de xeradores de corrente eléctrica, entre outras. Sen ir máis lonxe, recentemente foron detidos en Madrid tres veciños do número 40 da rúa Cavanilles ó protestaren pola instalación dunha antena de telefonía móbil no seu edificio.
Os operarios de Vodafone, responsable da colocación da infraestrutura, que levan meses tentando colocar a antena no inmoble sen éxito, acudiron por quinta vez ó edificio acompañados dun grupo de policías, os cales levaron detidos ós devanditos veciños. Estes reclaman o seu dereito a que se impoña unha distancia prudencial da antena con respecto ás escolas e centros infantís ata que se amose que a contaminación electromagnética producida por estes aparellos sexa inocua para a saúde.
Detidas tres persoas que impedían a colocación dunha antena de telefonía móbil no seu edificio
Compartir Este Artigo
