Microsoft, tras varias versións de probas, vén de publicar a versión definitiva do Internet Explorer 7, que constituiría a máis importante mellora do navegador da compañía de Redmond dende 2001, e que destaca polas súas facilidades de uso e polo sistema de prevención de fraudes on-line.
O Internet Explorer é o navegador máis utilizado de todo o mundo (con máis do 86% dos usuarios), polo que esta actualización terá repercusión global, e podería forzar ó redeseño de múltiples páxinas web (distintos deseñadores xa levan meses alertando de fallos en algúns deseños que se descompoñen no novo navegador) pero que será benvido para os usuarios, pois integrará un buscador no navegador 
Os usuarios de Windows XP poderán dispor en breve do novo navegador, que acaba de saír na súa versión inglesa e nos vindeiros días tamén estará dispoñible en español, e será un dos principais adiantos do que será o Windows Vista.
A actualización do navegador de Microsoft pódese descargar da web, pero os usuarios que teñan activada a opción de actualizacións automáticas de Windows XP terán o novo navegador automaticamente, polo que nos vindeiros días moitos usuarios van levar unha grata sorpresa ó comezar a navegar pola Rede.
Sae a versión definitiva do Internet Explorer 7
Compartir Este Artigo
