Dende Chuza! dan conta dun pequeno fallo de seguridade na web de La Voz de Galicia no sistema que permite a visualización de vídeos procedentes do servizo de YouTube. Así, cando a web de La Voz abre unha fiestra cun vídeo, pasa como parámetros para a súa
visualización un título e o código de identificación do vídeo en YouTube, o que permite unha serie de maldades que van dende a inxección de javascript ata a simple modificación dun título dun vídeo con fins humorísticos.
O ficheiro que tería as vulnerabilidades comentadas está radicado en http://www.lavozdegalicia.es/videos/videos.jsp e acepta coma parámetros t (o título a presentar) e u (o identificador do video) de xeito que se poden crear ligazóns coma http://www.lavozdegalicia.es/ videos/ videos.jsp?t=BLOGS%20GALEGOS%20NA%20TVG&u=sR6SdBnK5DI pese a que non se publicara nunca o vídeo indicado na web de La Voz.
Detectan un fallo de seguridade na web de La Voz de Galicia
Compartir Este Artigo
