Se ben un programador independente xa fixera unha interface para descargar os vídeos de Google Video no móbil, e YouTube anunciou que contará con versión móbil para 2007, resulta curioso que a historia se repita e unha web allea a YouTube permite o acceso ós seus contidos dende o móbil.
TinyTube funciona dende o navegador de moitos móbiles e permite achegar os contidos de YouTube en versións optimizadas para unha carga lixeira e un baixo consumo de recursos. Ábrese así unha nova canle de vídeo para móbiles que terá que enfrontarse coas aínda caras tarifas de datos das operadoras de telefonía.
Unha web permite achegar os vídeos de YouTube ó móbil
Compartir Este Artigo
