Se temos en conta os máis recentes estudos da firma Capgemini por petición da Comisión Europea acerca da dispoñibilidade da e-Administración, España é un país que leva dous anos sen dar un paso, nin cara a diante nin cara a atrás. Así están as cousas na relación virtual entre as entidades públicas e os cidadáns, sinala a devandita consultora nun informe dado a coñecer estes polo Instituto de Estudos Económicos (IEE).
Esta investigación abrangue 20 servizos públicos básicos que constitúen, por así dicilo, vinte parámetros de medición de desenvolvemento da e-Administración.
Por exemplo: a renovación de documentos de identificación persoal, a declaración da renda, a solicitude de certificados de nacemento ou matrimonio ou o rexistro de vehículos. Capgemini, facendo emprego destes criterios para avaliar o nivel de virtualidade do sector público español, chegou a esta conclusión: os niveis de 2004 e de 2006 son os mesmos (55%), poñéndose de relevo (entre outras cousas) que: 1º Pouco se ten feito ó longo destes 24 meses dende o Goberno na cuestión de garantir o “traslado” útil, seguro e eficaz dos seus servizos ás redes da información e 2º Que en España, en materia de tramitación telemática, levamos dous anos cos reloxos detidos.
Na cabeza do ranking europeo está Austria, cun 83% das tramitacións “practicables” en Internet, seguida de Estonia (co 79%), Malta (75%) Suecia (74%), Reino Unido (71%), Francia (65%), Eslovenia (65%), Dinamarca (63%), Finlandia (61%), Portugal (60%) e Italia (58%).
Sexa como sexa, a situación española mellora se nos atemos ó nivel de sofisticación dos servizos en pública en liña, posto que (segundo se desprende do estudo) melloraron en seis puntos (79) en comparación co que acontecía en outubro de 2004, intre no que se rexistrou un índice de 73.
España ten hoxe o mesmo nivel de dispoñibilidade de servizos públicos en liña ca en 2004: de 55%
Compartir Este Artigo
