
Esta versión de 32 bits do Windows Vista permite así un achegamento á versión definitiva de Vista en español, e non a unha versión de proba en inglés (que foi o que ata o momento se puido descargar legalmente), aínda que hai que advertir que o novo sistema de Microsoft inclúe moitas medidas de seguridade, de xeito que trala instalación os usuarios poderían ter serios problemas para continuar a empregar o sistema se non o adquiren legalmente nos seguinte 30 días (o que podería ser difícil, xa que non se venderá ata dentro de 2 meses) polo que entendemos que os usuarios que están a descargar esta copia só pretenden botar unha ollada ó que será o sistema operativo do futuro.
O Windows Vista en español xa circula polas redes P2P
Compartir Este Artigo
