
A Quick Capture ou captura rápida é un novo sistema para subir vídeos a YouTube, consistente na gravación en vivo dos contidos achegado dunha webcam, o que permite a realización rápida de vídeos caseiros, que evita así a gravación e transferencia dos vídeos, pois todo o proceso se realiza nun único paso (gravación en directo), o que podería impulsar os contidos orixinais en YouTube.
A outra característica innovadora é o que se da en chamar Streams, e que se están a probar no que chaman TestTube, e que permite a creación de habitacións de chat nas que se pode consultar unha listaxe de vídeos seleccionados, de xeito que distintos usuarios poden deixar os seus comentarios sobre cada vídeo, no que é un paso máis na socialización do servizo de vídeo máis popular da Rede.
Esta última funcionalidade sería como facer un YouTube personalizado, xa que se poden seleccionar os vídeos que aparecerán no espazo, permítense os comentarios e pódense mandar invitacións a outros usuarios, de xeito potencian o sistema valéndose na promoción que lle farán os propios usuarios de YouTube.
YouTube estrea novas características
Compartir Este Artigo
