Na Internet está a causar moito rebumbio a nova campaña do Ministerio de Cultura, que contará con 2.889.000 euros para loitar contra a piratería, de xeito que se emitirán anuncios en cines, DVD, televisións, radios e mesmos banners na Internet. Incluso se complementará con mencións ó tema en programas e series de televisión.

Para destacar a problemática da piratería centos de manifestantes se xuntaron en Madrid a pasada semana cortando durante 25 minutos o Paseo da Castellana (fronte ó Ministerio de Industria, Turismo e Comercio) para instar ó Goberno a tomar medidas urxentes, pois consideran que non se está a loitar contra esta lacra e non ven suficientes as campañas de concienciación (cando contra o top manta é preciso tomar medidas policiais).
Antena 3 cubriu a manifestación:
O Ministerio de Cultura iniciou unha campaña contra a piratería audiovisual
Compartir Este Artigo
