O Ministerio de Industria está a reforzar os orzamentos e os obxectivos do plan Avanza Local, iniciativa encamiñada a afianzar a presenza das novas tecnolóxicas en vilas de pequeno e mediano tamaño a través da colaboración con diversas administracións (no caso de Galiza, principalmente a Secretaría Xeral de Comunicación, a Consellería de Innovación e os Concellos participantes nos programas de Avanza Local). Deste xeito, o orzamento do dito programa para 2007 é un 52% superior ó de 2006, chegándose agora ós 60 millóns de euros.
Deste plan Avanza Local forman parte diversas iniciativas que tocan de cheo a Galiza, como Cidades Dixitais (que levará consigo en 2007 un orzamento de 30,27 millóns de euros) e Concellos Dixitais (antes Cidades Singulares) que inclúe unha dotación de 17 millóns de euros.
Ademais, Industria destinará 8 millóns de euros ás actividades de dinamización dixital dos concellos e 3,6 á Plataforma de Administración Electrónica, que vai dirixida a modernizar a xestión municipal.
Cómpre sinalar que en Cidades Dixitais están neste intre concorrendo concellos como o da Estrada, As Pontes, Vilalba e Vigo e en Concellos Dixitais atópanse os de Lugo e de Santiago. Na páxina habilitada para informar destes programas, atopamos tamén a Redondela, Ribeira, Monforte e Verín. Segundo informou A Voz recentemente, está previsto que en breve concorran tamén Noia, Carballo, Culleredo e Valdoviño.
Case 60 millóns de euros para favorecer a chegada das redes no eido local ó longo de 2007
Compartir Este Artigo
