Ás veces un simple detalle nunha conferencia pode provocar rumores inesperados, pois non todo o mundo dá importancia ó mesmo, e así, nunha presentación do WinHEC os asistentes puideron ver coma o equipo informático empregado tiña unha curiosa versión de Windows Vista, a “Windows Build 6001 Service Pack 1, v113”, ou sexa, que poderían estar a preparar o Windows Vista SP1, pero aínda non se lanzou oficialmente.
De confirmarse isto, o Vista podería arranxar algúns dos problemas que se detectaron no seu lanzamento, para así desbotar a imaxe negativa que parece ter, para coller con forza o relevo de Windows XP.
Microsoft podería estar traballando no lanzamento do Windows Vista SP1
Compartir Este Artigo
