
Entre os produtos atopados destacou un DVD coñecido coma Todo En Uno V8, que recompila multitude de aplicacións informáticas crackeadas que van dende o sistemas operativos Windows XP, 2003 Server e Vista ata paquetes ofimáticos, antivirus, utilidades de gravación e moitas outra ferramentas informáticas populares das que a Policía estimou un valor total de 9.500 euros, o que habería que multiplicar polos milleiros de copias requisadas, o que daría unha suma de miles de millóns de euros.

A empresa de hospedaxe dos servidores clausurados tamén colaborou con M.M.P. informándolle das investigacións que se seguían contra el (o que lle permitiu eliminar probas inculpatorias, aínda que a Policía puido acceder a parte dos contidos borrados mediante técnicas de recuperación avanzadas).
A Policía Nacional realizou unha importante operación contra a piratería informática
Compartir Este Artigo
