
No tocante á lingua, Xosé López García, coordinador do informe, destacou que pese a que se estea a multiplicar a oferta de medio só poden “destacar a aparición do xornal gratuíto LV, do grupo El Progreso, integramente en galego, e tamén o incremento de cadernos de bitácora persoais na Internet, o que significou o salto da lingua galega das páxinas institucionais ao seu uso público, voluntario e individual na Rede”.
Dende Vieiros tamén quixeron destacar do informe o feito de que o galego teña máis presenza no mundo dos blogs que nos medios tradicionais, algo que non parece cambiar co tempo, de xeito que a nova lingua se limita a uns poucos medios, de xeito que é a cidadanía a que dá un pulo ó galego.
O galego está máis presente nos blogs que nos medios tradicionais segundo un estudio do Consello da Cultura Galega
Compartir Este Artigo
