A empresa Tecnocom (que mercara en 2006 á galega Softgal), accionista maioritario de Profesionalia, S.A., desprendeuse da súa participación na compañía que desenvolvera populares comunidades coma Secretaria Plus (formada por 94.000 secretarias) e Directivos Plus (que xa ten a 20.000 directivos rexistrados) de xeito que USG People (compañía especializada en recursos humanos) pagaría uns 4 millóns de euros polo 64,9% da empresa (que estaría valorada en 6 millóns).
Profesionalia destacou por ser capaz de superar a crise das puntocom, e a súa valoración indica que este sector está a estar ben considerado, en boa medida por dirixirse a comunidades profesionais.
Tecnocom vende a súa participación en Profesionalia por 4 millóns de euros
Compartir Este Artigo
