Os responsables de Apple non deben de estar moi contentos co feito de que a tenda en liña Brando comezase a vender unha batería de reposto para o iPhone a só 20 dólares (ós que habería que engadir 3 dólares de gastos de envío para calquera lugar do mundo) que mesmo inclúe un desparafusador e as instrucións para a substitución da batería do móbil sen ter que mandalo ó servizo técnico.
A batería ten unha capacidade de 1.400 mAh e funciona a 3,7 V, ou sexa, unhas características homologables cunha batería orixinal, descoñecéndose se con este produto estarían a infrinxir algunha patente de Apple, aínda que de continuar a súa venda podería ser unha vantaxe para o iPhone, que estaba a ser moi criticado precisamente polos problemas que ocasionaría a súa batería supostamente non intercambiable polo usuario.
Comezan a vender unha batería para o iPhone instalable polo usuario
Compartir Este Artigo
