Imaxe dun documental de Canal de HistoriaOs documentais en español de The History Channel (Canal de Historia en España) poderán mercarse e descargarse a través de iTunes, vendéndose os documentais normais a 1,99 dólares e os programas especiais a 3,99 dólares co que pretenden «ampliar o alcance da nosa marca a unha nova audiencia» segundo declarou Nancy Dubuc, vicepresidenta executiva e xerente xeral da canle televisiva. Polo momento parece que este paso permitirá que os hispanos en EE.UU. poidan achegarse a estes contidos, descoñecéndose a estratexia que seguirán en Europa (xa que os contidos de iTunes non son iguais en cada país).