O Tribunal de Primeira Instancia da Unión Europea publicou esta mañá a súa decisión de manter a sanción imposta pola Comisión Europea a Microsoft en 2004 pola que tería que pagar 497,2 millóns de euros por abuso de posición dominante no mercado dos sistemas operativos en equipos informáticos.
A apelación de Microsoft tardou 17 meses en concretarse nesta nova sentenza que respalda o criterio anterior da Comisión, que non só incluía unha enorme sanción, senón que forzaba a Microsoft a lanzar versións de Windows sen o ser reprodutor multimedia integrado e a subministrar ós seus competidores a información que lles permita desenvolver aplicacións para Windows.
Esta nova resolución xudicial cambia con respecto da anterior en eliminar a obriga de Microsoft a achegar información interna da compañía (que podería chegar mesmo a partes do código fonte das súas aplicacións), o que se considerou excesivo.
O caso anti-monopolio de Microsoft en Europa iniciouse en 1998, polo que a súa traxectoria foi bastante dilatada, pero aínda podería durar máis, xa que a compañía de Redmond ten 2 meses presentar apelación a esta decisión da xustiza europea.
Confírmase a sanción económica a Microsoft por abuso de posición dominante
Compartir Este Artigo

