O provedor de acceso á Rede do grupo Vocento, Sarenet,
anunciou que a Comisión do Mercado das Telecomunicacións lle concedeu unha licenza de Operador Móbil Virtual, polo que en breve pasará a entrar neste novo mercado competitivo, sumándose a outras operadoras virtuais coma Carrefour Móvil, Lebara, Happy Móvil, El Corte Inglés, Euskaltel, KPN ou Eroski.
Sarenet aínda non pechou ningún acordo coas 4 compañías con rede propia para poder dar servizos de telefonía móbil, cos que pretenderán incrementar a oferta de servizos que presentan ante os seus 4.500 clientes actuais.
Sarenet faise cunha licenza para funcionar coma OMV
Compartir Este Artigo

