A publicidade coma xeito de rendibilizar o servizo YouTube parece un asunto de difícil solución, e durante os pasados meses probaron en tal plataforma distintos formatos publicitarios que ían dende a incorporación de pequenos anuncios antes dos clips (pre-rolls) ata os anuncios interactivos sobreimpresos, pero que en ningún dos casos parecen ser do agrado do público, polo que agora se filtrou á Internet un sistema que permitiría personalizar o reprodutor de YouTube (que se integra nas webs dos usuarios) que deixaría incluír unha caixa de AdSense sobre os vídeos, de xeito que non interferiría na súa visualización e permitiría ós usuarios compartir os ingresos publicitarios con Google.
Esta plataforma estaría en fase de probas, e na web de YouTube se puido ver durante unhas horas, pero aínda non está anunciada oficialmente.
YouTube proba a incluír publicidade de AdSense no seu reprodutor de vídeos
Compartir Este Artigo

