Un estudo desenvolvido polo Yankee Group finalmente confirma o que se vén a comentar nos últimos meses: o fenómeno de Second Life foi amplificado polos medios.
O estudo Wither Second Life? amosa que o crecemento deste mundo virtual comezou a facerse cada vez máis lento en outubro de 2006 e o tempo de uso de cada usuario se foi reducindo ata un 12 minutos ó mes, o que contrasta co comportamento dos usuarios de plataformas sociais coma Facebook, que cada día é maior (chegando ós 186 minutos/mes).
Dende Yankee Group consideran que os mundos virtuais e metaversos aínda poden dar máis de si, pero dende a consultora sosteñen que os usuarios están a tender a elixir plataformas móbiles (como o teléfono ou as consolas portátiles) para xogar, de xeito que cando se conectan ó PC prefiren facer uns usos diferentes, de xeito que o PC-centrismo de Second Life podería ser unha baza na súa contra (no esquezamos que non se trata dunha plataforma web, senón dunha aplicación informática). Coidan que este tipo de produtos poderían acadar un éxito maior de apostar pola mobilidade.
Constátase que a atención captada por este mundo virtual foi moi esaxerada mediaticamente, e dista moito de ser un reflexo na Rede dos seus usuarios, que fan só un uso esporádico dunha aplicación que pretendía ser revolucionaria.
Un estudo determina que o fenómeno de Second Life está demasiado amplificado polos medios
Compartir Este Artigo

