A popularidade dos vídeos de YouTube levou a Google a buscar un xeito de rendibilizalos, de xeito que veñen de estrear unha nova característica no sistema de personalización do seu reprodutor de vídeo, o que permite que os responsables de páxinas web inclúen publicidade da plataforma AdSense ó incrustar vídeo de YouTube. Esta nova publicidade procura ser non intrusiva (se amosa nun recadro enriba do vídeo, sen molestar á súa visualización) e poderá presentar anuncios relativos á web na que se publica ou ó corte de video presentado, compartindo Google os beneficios desta publicidade coas persoas que a empreguen as súas webs.
A incorporación das chamadas unidades de vídeo ó reprodutor de YouTube ten así un doble valor, pois abre unha nova canle de difusión publicitaria e crea tamén un novo xeito de tirar proveito económico da inclusión deste tipo de contidos en páxinas web.
Os usuarios de AdSense xa poden empregar esta nova ferramenta publicitaria que lles permite definir as categorías nas que se inclúen as súas páxinas web para acadar unha maior relevancia dos anuncios amosados. Lembremos amais que o reprodutor personalizado de YouTube permite que o usuario defina a apariencia gráfica do mesmo (elixindo as súas cores, composición e tamaño) para integralo dun xeito coherente.
Vídeo de presentación das Video Units:
Exemplo na novo sistema publicitario:
Google permite engadir publicidade ós vídeos de YouTube
Compartir Este Artigo

