Microsoft anunciou en San Francisco o lanzamento mundial de Unified Communications, que é unha solución informática que inclúe as aplicacións Office Communications Server 2007 e Office Communicator 2007, que permiten ás empresas xuntar os servizos de mensaxería instantánea (Messenger), a telefonía por Internet (VoIP) e a videoconferencia (Live Meeting).
Bill Gates foi o encargado de amosar os novos programas que pretenden transformar a comunicación corporativa, aproveitando o evento para presentar o sistema Roundtable (que fai doada a realización de videoconferencias, e xa se viña anunciando dende hai bastantes meses).
Con esta nova solución, os usuarios de Outlook poderán contactar entre si de xeito doado tanto por correo electrónico, como por mensaxería instantánea, VoIP ou videoconferencia, nunha integración que aforrará custos e transformará o xeito de relacionarse os empregados das empresas que aposten por esta plataforma de Microsoft.
Microsoft unifica distintos sistemas de comunicación no seu Office
Compartir Este Artigo

