O concello coruñés de Culleredo acolle este xoves 25 unha charla sobre Software Libre especialmente dirixida á mocidade, sobre todo no que se refire a informar ós novos das vantaxes do código aberto para acceder á Rede ou mesmo para achegar innovación dende Galiza no eido empresarial. A xuntanza contará coa presenza de Roberto Brenlla, promotor de Linux/GNU; Suso Baleato, coordinador técnico de mancomun.org, un represenante por confirmar da Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL) e outro do Grupo de Usuarios de GNU da Coruña (GPUL). A charla desenvolverase no Pazo de Vilaboa a partir das 17 e está organizada por Galiza Nova de Culleredo.
Culleredo acolle este xoves unha charla sobre software libre
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano
- Miguel Corgos apela á ciberseguridade como unha tarefa conxunta que require a implicación das administracións, do coñecemento e da industria
- A Xunta destaca o seu compromiso cos concellos galegos ante os ataques e ameazas de ciberseguridade
- A Xunta facilita o acceso ao Certificado de Competencias Dixitais ao alumnado que se titula na ESO antes dos 16 anos
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter