
Os bos resultados de Mozilla pódense xustificar en boa medida polo bo funcionamento do navegador web Firefox, que actualmente está a ser utilizado por uns 120 millóns de persoas, e tamén o cliente de correo electrónico (Thunderbird) conta con millóns de usuarios e un prestixio que o converte en todo un referente.
Segundo conta Mitchell Baker, director de Mozilla, no seu blog, a meirande parte do ingresos proveñen da funcionalidade de busca integrada en Firefox, aínda que a tenda de Mozilla tamén contribúe na achega económica.
Mozilla conseguiu uns ingresos de 66,8 millóns de dólares en 2006
Compartir Este Artigo

