Os ordenadores portátiles estanse a impor no
mercado, e así tamén incrementan as esixencias dos seus usuarios que queren
igualar en prestacións ós equipos de sobremesa, de aí que o reto de conseguir
discos duros de alta capacidade que á súa vez sexan pequenos e de pouco consumo
supón un reto que Western Digital enfronta con seu WD
Scorpio de 320 Gb.
O novo disco duro de 2,5 polgadas e con interface Serial ATA consegue unha
velocidade de transferencia de 3 Gb/s e funciona a 5.400 RPM, incorporando
tecnoloxías WhisperDrive, ShockGuard e IntelliSeek que permiten un baixo
nivel de ruído, protección contra golpes e optimización do seu consumo.
Western Digital xa comercializa discos duros para portátiles de 320 Gb de capacidade
Compartir Este Artigo

