Para loitar contra a piratería, Warner, Paramount e
Dreamworks van vender títulos en DVD en China a baixo custo, de xeito que a 2
meses da estrea nos cines norteamericanos os chineses poderán
mercar as películas a uns 3 dólares.
A distribución correrá por parte da Warner Bros. que conta con 20.000 puntos de
venda en 50 cidades chinesas, que completan unha rede de tendas que comezou a despregarse
en 2005.
A Paramount e a Warner loitan contra a piratería en China con películas de baixo custo
Compartir Este Artigo

