A Confederación de Empresarios de Ferrol impartirá un curso sobre Software Libre, subvencionado pola Dirección Xeral de Promoción Industria e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria, destinado á apertura de novas posibilidades para os seus socios no campo das TIC e do Software Libre e orientados a evitar o síndrome do cliente cativo, protexer o investimento informático da discontinuidade dos produtos, mellorar a relación prezo-rendemento e garantir a comunicación e interacción entre distintos sistemas.
Os cursos terán lugar os venres de 16:30 a 20:30 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas dende o vindeiro día 9 ata o día 30 de novembro, de xeito que os interesados poden inscribirse chamando á Confederación de Empresarios de Ferrol no teléfono 981 33 33 22.
O contido dos cursos divídese en 3 grandes áreas:
Ciclo 1, o sistema operativo GNU/Linux (10 horas)
• O software libre e Linux.
• Distribucións Linux, alternativas.
• Arranque, reinicio e apagado do sistema
• Primeiros pasos en Linux. Entorno de Escritorio
• Sistemas gráficos: KDE, Gnome, Beryl.
• Configuración básica do entorno, personalización, diccionario, idiomas,
escritorio (accesos directos, fondo, fontes,etc.).
• Xestión de arquivos e carpetas.
• Xestión do sistema: usuarios, grabacións de CD/DVD, arquivos comprimidos,
acceso a particións Windows, xestión de dispositivos extraíbles (diskettes,
pendrives, memorias, etc.).
• Edición básica de arquivos de texto: Kate, Gedit.
• Outros conceptos avanzados. Configuración avanzada de redes, wifis,
impresoras, compartición de arquivos, proxies, adsl, etc.
Ciclo 2, o paquete ofimático OpenOffice (10 horas)
• Instalación de OpenOffice.org.
• Introducción ao procesador de textos
• Edición básica.
• Dar formato ao texto.
• Ortografía, instalación de diccionarios.
• Impresión.
• Táboas.
• Estilos
• Plantillas.
• Imaxes e gráficos.
• Introducción a folla de cálculo.
• Traballando con celdas.
• O Formato.
• Funcións.
• Gráficos.
• As presentacións en OpenOffice.org.
• Traballar con diapositivas.
• Traballar con obxectos.
• Traballar con textos.
• Traballar con gráficos.
• Debuxar coa barra de ferramentas.
• Elementos multimedia.

